Veciños da Milagrosa expresan a súa "preocupación" polas "medidas lesivas" implantadas

"Non se lle pode pór unha laxa ao barrio por isto. Sabemos que hai contaxiados, igual que os hai en Lugo e en España enteira", explicou Valentín Arias
Valentín Arias. SEBAS SENANDE
photo_camera Valentín Arias. SEBAS SENANDE

O presidente da Asociación de Vecinos da Milagrosa, Valentín Arias, expresou este luns a súa "preocupación" polas "medidas tan lesivas" que se puxeron en marcha para frear os contagios de coronavirus na zona e que, apunta, puxeron "unha laxa ao barrio"

Esta preocupación, expresou, esténdese tamén aos hostaleiros, que se queixan das medidas de limitación de aforamentos e de grupos -a un máximo de cinco persoas-. A situación, destacou Arias, levou a medio centenar de negocios "a pechar as súas portas ata o"mércores , día no que o Goberno galego tomará unha decisión sobre se rebaixar ou manter estas limitacións. 

"Non se lle pode pór unha laxa ao barrio por isto. Sabemos que hai contaxiados, igual que os hai en Lugo e en España enteira", explicou o presidente. "Non podo dicir se as medidas están fóra de lugar ou non, porque non son médico, nin epidemiólogo, pero si digo que se faga un control diario", subliñou. 

Neste sentido, Valentín Arias celebrou que a Xunta vaia realizar probas PCR "en todos os bares (56 na Milagrosa) e a todos os empregados dos bares". "Hai que facer controis diarios para quitarnos de encima esta medida tan lesiva", destacou. Do mesmo xeito, criticou que se carguen as tintas sobre persoas latinas e estranxeiros". "Non digo que teñan a súa culpa, como tamén a temos nós. Está a sacarse este tema de forma racista e non estamos a ser xustos", apostilou. 

O barrio da Milagrosa é o máis popular da cidade de Lugo e o máis habitado, con máis de 20.000 residentes (unha quinta parte da poboación lucense), aínda que as medidas restritivas, que non conciernen a todas as rúas, afectarían a uns "10.000 veciños", segundo os cálculos de Valentín Arias. 

A tenor desta situación, a Asociación Lugo Monumental expresou a súa solidariedade e apoio cos veciños e empresarios deste barrio e reclamou ás administracións que fagan un esforzo con novas axudas a todos os negocios da cidade que se vexan prexudicados con esta nova serie de limitacións". 

Do mesmo xeito, e ante a "relaxación das precaucións" contra a Covid-19, solicitaron que se incremente a vixilancia" do cumprimento das medidas. 

Comentarios