Os veciños das Gándaras piden ao Concello unha solución para o exceso de velocidade

Denuncian que algúns condutores chegan dobrar o límite establecido de 50 km/ h como zona urbana

Un conductor circula por Paradai. AEP
photo_camera Un condutor circula por Paradai. AEP

Os veciños das Gándaras denuncian o exceso de velocidade continuado co que os condutores que cada día acoden ao Hospital Lucus Augusti.

O tráfico rodado ha aumentado notablemente desde a apertura do centro hospitalario e tamén a velocidade dos vehículos, que segundo recolle nun testemuño a TVG dobran o límite permitido na zona, é dicir, excederían os 50 km/h para chegar ata os 100.

A pesar de que o Concello xa colocou bandas rugosas na vía, pero non serviron para paliar os excesos ao volante dos usuarios desta vía, que supón un perigo no día a día para cruzar a rúa nun barrio no que viven moitas familias con nenos e xente maior.

Por iso, os veciños pensan que a solución sería unha maior presenza policial ou que se adopte unha medida para instalar uns lombos máis severos que obrigue aos usuarios a moderar a velocidade.