A veciñanza do centro de Lugo sublévase contras as continuas liortas

O lanzamento de obxectos contra os viandantes desde unha casa de Campo Castelo foi a pinga que colmou o vaso
giphy
photo_camera Dous momentos do incidente de Campo Castelo e unha patrulla no fondo da Praza Maior. EP

As liortas volvéronse unha estampa habitual nas rúas de Lugo. Son máis frecuetnes de noite, pero o día non escapa desta tendencia, sobre todo no fondo da Praza Maior.

A última semana resultou especialmente conflitiva e o sábado culminou con polo menos tres pelexas. Nunha delas, tres mozos agrediron brutalmente a outro para roubarlle o móbil e unha cadea e posteriormente atrincheiráronse na casa da noiva dun deles, desde a que lanzaron obxectos de todo tipo aos viandantes. A Policía tardou preto de dúas horas en proceder á súa detención ao ter bloqueada a entrada da vivenda.

Galería ► Expectación en Campo Castelo nas dúas horas que durou a detención dos mozos

Ademais, este sábado á noite un novo incidente na Rúa Armanyá puxo en alerta aos veciños. Un pai, que acudiu ata a zona para rifar á súa filla por incumprir o horario de chegada a casa, acabou co nariz e o tímpano rotos. Polo menos catro mozos agredírono ao entender que a discusión a berros coa súa filla era en realidade un caso de violencia de xénero. 

Comentarios