sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Os veciños da Residencia maniféstanse contra o carril bici e a planta de biomasa

Protesta de los vecinos de A Residencia. EP
Protesta de los vecinos de A Residencia. EP
Lamentan as prazas de aparcadoiro que se perden

Como cada xoves os veciños da Residencia manifestáronse este xoves para esixir que o Concello de Lugo dea marcha atrás ao carril bici polas prazas de aparcadoiro que se perden e que a Xunta de Galicia paralice o proxecto de construír unha central de biomasa nos terreos do antigo hospital Xeral. A marcha discorreu desde a igrexa de San Antonio ata a Ronda da Muralla.

LER MÁS Opinións contrapostas sobre o carril bici: do "non o vou usar" ao "será un gusto para os nenos"

ESCASEZA DE BICICLETAS
 Comprar unha bicicleta en Lugo é, desde hai uns meses, case misión imposible. A máis de media ducia de tendas que traballan este artigo na cidade apenas teñen stock e moitas non venden tampouco por catálogo porque son moi escasas as existencias a nivel mundial. é difícil, ou case imposible, asegurar ao cliente cando a terá e a que prezo. 

O problema non é específico de Lugo e débese fundamentalmente a que a demanda se disparou por mor da pandemia e a que hai escaseza de compoñentes, do mesmo xeito que sucede para moitos outros produtos, desde coches a aparellos electrónicos. LER MÁS: O aumento da demanda e a falta de pezas deixan a Lugo sen bicicletas

Os veciños da Residencia maniféstanse contra o carril bici e a...
comentarios