Varela abandona a presidencia da Audiencia de Lugo tras dez anos: "Fixen o que puiden"

O maxistrado incorporarase & nbsp;Sala Civil e Penal do TSXG
El juez José Antonio Varela Agrelo. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera O xuíz José Antonio Varela Agrelo. VITORIA RODRÍGUEZ

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, confirmou este mércores que cesará no seu cargo a finais deste mes ou principios de decembro para incorporarse á Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). "Eu fixen o que puiden", afirmou tras unha década no cargo.

Así, logo dos trámites administrativos e tras a publicación no Boletín Oficial do Estado (Boe), "a finais de mes ou principios de decembro", xa non estará en Lugo.

En canto ao alto tribunal galego, onde opta a unha praza na Sala do Civil e Penal, concretou que "no TSXG hai tres materias, o Contencioso Administrativo, logo materia civil e penal que se agrupa nunha soa sala e nas outras salas hai varias seccións e nesta hai unha sección única de cinco maxistrados".

"Ocúpase en materia civil de recursos de casación que por tratarse de dereito civil de Galicia non van ao Supremo e materia penal en causas contra aforados ou recursos contra sentenzas das audiencias (provinciais)", puntualizou.

TRAXECTORIA. Varela Agrelo exerce como xuíz en Lugo desde o ano 1983 e en 2000 incorporouse á Audiencia Provincial, da que foi presidente durante os dez últimos anos.

Recoñeceu que durante este tempo "houbo de todo", tendo en conta dos momentos convulsos que provocou a sucesión de macrocausas –como a Pokemon, Carioca, Garañón– nos xulgados de Lugo.

"Fixen o que puiden. Este un traballo que require de moita prudencia e moita calma", engadiu, ademais de recordar que "cada xuíz é independente" e que as medias de control son sempre por vía disciplinaria.

En todo caso, logo dunha década á fronte da Audiencia, opina que "o balance é positivo".

Comentarios