martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

Vaise un dos clásicos

María Vázquez Expósito, no seu quiosco da Rúa do Teatro. XESÚS Ponche
María Vázquez Expósito, no seu quiosco da Rúa do Teatro. XESÚS Ponche
O Kiosko, un dos establecementos de venda de prensa máis frecuentados de Lugo, bota o peche ao xubilarse a súa responsable
María Vázquez Expósito botará hoxe o peche ao quiosco que rexentou durante un cuarto de século na Rúa do Teatro, un dos poucos que aínda permanecían abertos no centro de Lugo.

Esta antiga dependenta de roupa e perfumería nunca se imaxinou que, vinte e cinco anos atrás, se faría cargo do quiosco, moi próximo a Santo Domingo e no que recibiu, en dúas ocasións, ao mismísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, con quen se fixo fotos, ademais doutras caras coñecidas de paso por Lugo, como os xornalistas Fernando Ónega, José María Carrascal ou Jenaro Castro.

"Collín o quiosco hai vinte e cinco anos porque, unha vez que chegas a unha idade, intentas emprender e non seguir de dependenta nun sitio ou outro. E a verdade é que non me arrepinto, foime moi ben. Tiven unha clientela moi boa. Ao principio, custábame decidirme pero uns amigos empuxáronme e aí estiven. Para min, este era un negocio totalmente descoñecido, ¡con dicirche que non sabía nin o que era unha devolución...! Pero pensei que era un negocio que podería dar diñeiro e deuno", comenta María.

Aínda que non é habitual que os quioscos teñan nome, ela púxollo e non se parou moito en pensar: O Kiosko, chamoulle. Rexentar un negocio deste tipo supón moitas horas de traballo, incluídos domingos e festivos.

"O horario era de sete da mañá a dúas da tarde e de catro e media a oito e media. No verán, cheguei a pechar incluso ás dez. As dez horas diarias non hai quen chas quite", di.

A pesar de estar rodeada de xornais e revistas, María confesa que nunca tivo moito tempo a ler. "O goteo de clientes era constante e pouco tempo che deixan entre uns e outros, así que nunca me deu por aí", afirma.

De toda a prensa que tiña, o que máis se vendeu sempre foron as revistas do corazón, seguidas dos diarios de información xeral. O Kiosko tamén ofrecía lambetadas e froitos secos, un tipo de produtos cuxa venda foi a menos nos últimos anos.

María pecha porque se xubila. Hoxe será o seu último día no Kiosko e, en principio, o negocio non terá continuidade.

"Dáme pena, sobre todo pola xente que coñecín e que vou deixar de ver tan a miúdo. Ao final, fas amigos", di.

Vaise un dos clásicos
comentarios