A USC opta por recuperar o anfiteatro do campus lucense para uso cultural

A proposta enmárcase na filosofía de humanizar os espazos universitarios para a era poscovid
Vista del anfiteatro del campus, que fue cayendo en el abandono con los años. SEBAS SENANDE
photo_camera O anfiteatro do campus lucense leva tempo abandonado. AEP

A Universidade de Santiago (USC) abordará a próxima semana no seu consello de goberno os orzamentos da institución académica, que reservan máis de 600.000 euros para a humanización dos tres campus co obxectivo de optimizalos para a era poscovid. E entre esas actuacións incluirase a recuperación do anfiteatro de Lugo, co obxectivo de darlle uso cultural.

Este anuncio porá punto e final a un culebrón sobre un espazo que quedou abandonado, sen máis uso que o de escenario de botellóns, e do que nin USC nin Deputación querían facerse cargo.

Nun percorrido realizado este mércores polo campus sur compostelán, o reitor, Antonio López, detallou algúns dos plans, proxectos e actuacións que se impulsarán ao amparo das liñas xerais das contas e que contaron co aval do claustro universitario. En concreto, para o campus lucense recóllese este lavado de face ao anfiteatro para potenciar o seu uso cultural. E tamén confirmou o traslado da facultade de Formación de Profesorado, como xa avanzara a USC.

No caso dos dous campus composteláns, no sur actuarase para encaixar o macroproyecto da Cidade da Saúde, así como a patrulla de mantemento e limpeza, accións de humanización e a preservación da chamada senda segura, mellorando a vixilancia con máis iluminación. E no norte tamén se actuará en seguridade, aparcadoiros e mobilidade peonil.

Comentarios