Nature Chemistry publicará un estudo sobre a prevención do alzhéimer desenvolvido en Lugo

O grupo de investigación 'Farmatox' alcanzou un avance que "pode ser útil de para a loita contra enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas"

Luis Botana, director del grupo Farmatox del campus lucense. EP
photo_camera Luis Botana, director do grupo Farmatox do campus lucense. EP

O grupo de investigación Farmatox do campus de Lugo da USC, coordinado polo catedrático do Departamento de Framacoloxía, Luís M. Botana, publicará un artigo na revista Nature Chemistry sobre un avance científico que pode ser útil para tratar ou previr enfermidades neurodexenerativas, como o alzhéimer", segundo explicou o investigador.

A investigación desenvolveuse ao abrigo dos proxectos Pharmatlantic, un programa 'Interreg' que lidera o grupo de investigación dirixido por Luis Botana, e Pharmasea, un proxecto europeo liderado por Marcel Jaspars, da Universidade de Aberdeen (Escocia). 
O obxectivo da investigación sobre axentes inmunosupresores e neuroprotectores simplificados a base Gracilin A, ten como obxectivo "coñecer como hai que modificar unha molécula para que teña actividade antialzhéimer ou inmunosupresora".

Esta liña de investigación xa motivou que en Estados Unidos solicitásese unha patente internacional par a protexer "o resultado da síntese de varios compostos do grupo das Gracilin A".

INVESTIGACIÓN EN HUMANOS

Luis Botana remarcou que o avance "pode resultar moi útil de face a tratar ou previr enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas, como o alzhéimer".

O investigador explicou que na actualidade "está a investigarse en humanos a diana sobre a que traballan estas moléculas". 
O traballo está a realizarse en colaboración co grupo de cardiología do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), dirixido por Carlos Juanatey. 
 

Comentarios