A Policía Local de Lugo inmobilizou un turismo que estaba aparcado o pasado mércores nunha praza reservada para persoas de mobilidade reducida na Rolda da Muralla, fronte ao edificio administrativo da Xunta. O vehículo tiña visible no cadro de mandos un cartón para estacionar neste tipo de zonas.
Os axentes, que sospeitaron que o cartón era utilizada por unha persoa que non era o seu titular, comprobaron que a persoa autorizada non sae da súa casa desde hai "uns 18 meses", xa que é "de avanzada idade", segundo informou a Policía Local.
A patrulla identificou ao condutor do vehículo, que é fillo da titular do cartón; interveu esa autorización por uso fraudulento e levantou acta de sanción. Un guindastre retirou o turismo ao depósito municipal.