Unha fonte-urinario en pleno centro de Lugo

A Policía Local denunciou nunha soa noite a 37 persoas por ouriñar na rúa en pleno centro histórico, moitas na fonte da Pinguela. As multas poderían sumar un total de 33.300 euros
La fuente de A Pinguela, en A Tinería, donde fueron sorprendidos varios jóvenes orinando. SEBAS SENANDE
photo_camera La fuente de A Pinguela, en A Tinería, donde fueron sorprendidos varios jóvenes orinando. SEBAS SENANDE

Saír de festa pola noite e ouriñar na vía pública para saltarse a cola do baño nos establecementos de hostalería parece un costume demasiado estendido entre os mozos lucenses. De feito, só na noite do sábado ao domingo, os axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a strong <>un total de 37 persoas por mear na rúa en pleno centro histórico -27 homes e dez mozas-, a maioría na zona da Travesía do Miño, no barrio da Tinería.

Segundo explicou este luns o portavoz do corpo, moitos dos infractores elixiron como urinario a fonte da Pinguela, un monumento visitado habitualmente polos turistas que recalan na capital e que, debido á actitude destes mozos, levarán sen dúbida unha imaxe bastantes desagradable da zona.

Ver máis: Denunciados 37 mozos nunha noite por ouriñar na rúa no centro de Lugo

Pero ademais de incívica, ouriñar na vía pública é unha conduta que carrexa sancións económicas considerables, xa que poden alcanzar os 900 euros cada unha. O instrutor da Policía Local que realiza o ateigado é o encargado de propor en cada caso concreto a multa máis adecuada ás circunstancias, que nas infraccións detectadas o fin de semana prevese elevada, xa que foron levadas a cabo en pleno centro histórico e nun lugar moi concorrido durante todo o día. Se se fixa a contía máxima en todas elas, as multas da noite do sábado sumarían un total de 33.300 euros.

DOUS LOCAIS DENUNCIADOS. O dispositivo de vixilancia da Policía Local na madrugada do sábado ao domingo saldouse tamén con dous locais de lecer nocturno denunciados por sendas infraccións á Lei de Saúde de Galicia, "xa que o reponsable non solicitaba aos clientes que accedían ao interior dos locais a exhibición de certificado Covid nin a proba diagnóstica negativa realizada 72 horas antes, ou o certificado de recuperación", sinalaron.

Os dous locais denunciados están situados na Rúa Catedral, onde a actividade dalgúns establecementos provocou nas últimas semanas multitude de queixas veciñais. Os residentes da zona aseguran que algúns hostaleiros incumpren de forma sistemática as normas, xa pon a música a todo volume e abren as portas dos seus negocios despois do horario obrigatorio de peche. Precisamente, na noite do sábado ao domingo, os axentes do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local denunciaron a un local por incumprir o horario de peche.

Comentarios