domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

O Concello pecha de forma definitiva un problemático bar situado en Camiño Real

Miguel Couto. AIDA SOENGAS
Miguel Couto. AIDA SOENGAS
O goberno local retíralle a licenza tras acreditar deficiencias ilegalizables que afectaban mesmo á seguridade

A área de urbanismo sostible, a proposta do servizo de licenzas, acaba de decretar a ineficacia da declaración responsable que impide a actividade do café -bar situado no Rúa Camiño Real, número 54, (agora chamado Grill e antes Deluxe) pechado cautelarmente en xullo. Este é un dos locais de lecer nesa zona que provocaba protestas constantes dos veciños polas molestias que acusaba e os problemas de seguridade e convivencia que creaba. 

A determinación chega despois de esgotar o trámite de audiencia outorgado ao titular do negocio para alegar ou ben aportar nova documentación aos requirimentos do Concello.

O edil Miguel Couto explicou que, despois de realizar ata tres inspeccións técnicas ás instalacións, en xullo e decembro de 2019 e en febreiro deste ano, o persoal municipal puido comprobar non só a existencia de variacións importantes en relación co declarado sobre as condicións nas que se atopaba o establecemento, senón tamén numerosos incumprimentos dos requisitos básicos de seguridade. «Deficiencias que en moitos casos non son sequera legalizables e que atinxen a aspectos fundamentais como o feito de que a campá extractora da cociña carecera de sistema de incendios, que o chan presentase múltiples danos que afectan ao tránsito das persoas ou incluso que houbera placas metálicas soltas no acceso ao inodoro adaptado ao que, por outra banda, conducía un corredor cunha anchura inferior á mínima", relatou Couto.

O edil deu conta igualmente doutras irregularidades, como "a existencia de múltiples luminarias avariadas, entre elas as de emerxencia, de cableado á vista e mesmo de carencias que incumpren o código técnico, a normativa de accesibilidade ou que comprometen a integridade da clientela como a falta de calquera acreditaciónsobre a legalidade das instalacións eléctricas e de gas". 

O Concello pecha de forma definitiva un problemático bar situado en...