La Urbana esconde pola cidade dez caixas verdes sorpresa con agasallos

Cada unha contén un vale especial para obter unha hamburguesa gratis
Una hamburguesa de La Urbana. EP
photo_camera Una hamburguesa de La Urbana. EP

A cadea de hamburgueserías La Urbana lanzou a iniciativa #EncuentraLaCajaVerde, que consiste en que os lucenses localicen dez caixas verdes misteriosas que foron escondidas en distintos puntos da cidade, cada unha cun vale especial dentro para obter unha burguer gratis nun dos tres locais desta cadea.

A empresa explica nun comunicado que "esta innovadora acción, que fusiona elementos offline e online, invita aos lucenses a participar activamente na procura destas caixas verdes. Unha vez localizada, a única tarefa dos afortunados será compartir unha foto da caixa nas súas historias de Instagram, mencionando á Urbana e agregando a localización do achado. ¡E voilà! O vale agasallo seralles enviado por Instagram para trocalo polo seu burger".

A iniciativa estará activa ata que aparezan as 10 persoas afortunadas.