Rexeitan que se retiren servizos" co traslado da sala do 091 de Lugo á Coruña

A Unión Federal de Policía recorda que os axentes que levan o servizo "estiveron na rúa e coñecen perfectamente a cidade
Policía Nacional. AEP.
photo_camera Policía Nacional. AEP.

O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UFP), Miguel González, expresou o rexeitamento e a oposición deste sindicato a que se peche a sala do 091 de Lugo e o seu traslado á Coruña, para criticar que se retiren servizos".

González subliñou que a UFP discrepa de que se retiren servizos que, ademais, están a funcionar perfectamente, como é o caso desa sala na comisaría de Lugo".

"Non podemos compartir tampouco certas opinións de que dun ano para outro se queira pechar un servizo que funciona á perfección para a cidadanía. É unha decisión tomada a treo, coa escusa de que queren meter máis axentes na rúa e iso non é do todo real", queixouse.

Este sindicalista policial advertíu do importante da sala, "sobre todo os fins de semana, onde a maioría das chamadas que se producen son por malos tratos".

"Se esa sala vai estar A Coruña o axente que estea alí tardará para indicarlles aos policías de Lugo que teñen que ir ao sitio que che requiran", advertiu. Ademais, incidiu na "necesidade" do 091 e pon o acento en que os axentes que levan o servizo "estiveron na rúa e coñecen perfectamente a cidade".

"Hai tamén outras cousas importantes e que se deixaron de lado como a creación da unidade UPR ou como a nova comisaría, que foi un vacile cara aos policías desta cidade e facía os cidadáns tamén", concluíu.

Ascenden a 11 os axentes encargados en Lugo desa sala do 091, que diariamente reciben "da orde de 90 ou cen" chamadas, explicou, e que os fins de semana poden "duplicarse".

Comentarios