Un condutor falece ao saírse da vía e impactar contra un farol na N-VI en Lugo

A vítima e único ocupante do turismo sinistrado é un octoxenario

Un home natural de Cospeito perdeu a vida este martes nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada Nacional VI, na circunvalación de Lugo. O sinistro rexistrouse pasadas as seis da tarde, no punto quilométrico 503,300, nas proximidades do radar fixo. 

Segundo informou o Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, a vítima mortal, Manuel Díaz Paz de 82 anos, era o único ocupante do turismo que se saíu da calzada e chocou contra un farol.