Unha nova rotura da rede deixa sen auga a seis edificios das Fontiñas

Afecta a un dos tramos con tubaxe de fibrocemento que vai ser cambiada ► A fuga foi entre os números 95 e 115
La unidad de descontaminación de amianto, este lunes en As Fontiñas
photo_camera La unidad de descontaminación de amianto, este lunes en As Fontiñas

A brigada de augas do Concello de Lugo traballaba desde este luns na reparación da tubaxe xeral de abastecemento das Fontiñas, á altura do número 111. A avaría deixou sen auga a seis edificios, os comprendidos entre os numero 95 e 115, desde aproximadamente media tarde. Os problemas na subministración foron detectados xa pola mañá, pero os operarios tiveron que facer catas ata dar coa orixe da fuga.

A rotura da rede nesta zona é relativamente frecuente porque a tubaxe é antiga e de fibrocemento, un material non moi resistente e cuxa manipulación implica risco de contaminación, pola presenza de amianto. Por esta razón, a brigada acudiu coa unidade móbil de descontaminación, adquirida no mandato pasado. Ata entón, o traballo debía ser realizado por empresas con autorización e medios para manexar ese tipo de material. Nalgunha ocasión o arranxo da fuga demorouse pola dificultade de atopar medios.

Os traballos para substituír a tubaxe de fibrocemento que queda nas Fontiñas levanse a cabo precisamente neste momento, aínda que aínda non chegaron á zona que se viu afectada nesta ocasión.

Comentarios