Un lucense busca un fogar para un can que rescatou xunto a unha estrada

Ramón tardou media hora en "convencer" o animal, extremadamente delgado, para que se lle achegase e subilo ao seu coche. O can espera agora casa na protectora

El perro para el que Ramón busca un hogar. EP
photo_camera O can que atopou Ramón. EP

A longa lista de animais necesitados dun fogar en Lugo acaba de incorporar un novo membro, un can rescatado o domingo por un home que o atopou "entre o cruzamento de Abadín e Mondoñedo". Tras ver o seu estado, "bastante malo", e preguntar pola zona, este veciño de Lugo dedicou media hora a "convencer" o can de que podía confiar nel para que se lle achegase e meteuno no seu coche. Esa mesma tarde divulgou imaxes do animal a través de Facebook para intentar dar cos seus donos. Ou, se non aparecían, cunha nova casa para el.

Como explica Ramón a través da rede social, o animal, que non ten chip e "é de pura raza", agarda agora na sociedade protectora. "A boa noticia é que lle imos a atopar fogar", asegura á espera de noticias, "pendente de que encontre alguén que o queira e o coide". Anima a quen queira acoller o can, porque "é unha moi boa opción". "Nobre" e "moi bo". 

Antes de trasladalo á protectora, este veciño de Lugo levouno á súa casa xunto á súa cadela, bañouno e fíxolle as curas. E é que cando o atopou tiña feridas, "estaba a tremer" e "moi moi moi delgadiño". Polo que lle comentaron na zona, o animal debía de levar varios días abandonado e "morto de fame".