Unha ferida en Lugo tras chocar con outro coche e impactar contra un bar

A Policía busca testemuñas para aclarar que vehículo se saltou o semáforo en vermello
Accidente en la Avenida da Coruña
photo_camera Accidente en la Avenida da Coruña

Unha muller resultou ferida este domingo en Lugo nun accidente de tráfico que tivo lugar na Avenida da Coruña. Circulaba en dirección á Ronda cando o seu coche foi golpeado por outro que saía de García Abad e acabou impactando contra a fachada dun bar. 

A condutora foi traslada en ambulancia ao hospital. A Policía Local busca testemuñas para determinar que vehículo se saltou o semáforo en vermello.

Comentarios