A Unesco elixe a Muralla para promocionar bens mundiais en tempos do Covid-19

Esta iniciativa enmárcase na campaña #ShareOurHeritage, destinada a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial 

Corredores y paseantes por la muralla. XESÚS PONTE
photo_camera Corredores e paseantes pola muralla. XESÚS PONTE

O goberno local de Lugo expresou o seu agradecemento á Unesco por incluír á Muralla romana nunha campaña para promocionar os monumentos Patrimonio da Humanidade durante o confinamento decretado para tratar de frear a expansión do coronavirus.

Segundo informou a responsable da área de Cultura, a edila Maite Ferreiro, a "Muralla de Lugo foi elixida nunha selección de 40 monumentos Patrimonio da Humanidade realizada pola Unesco" precisamente para promocionar e difundir os bens mundiais.

Esta iniciativa enmárcase na campaña #ShareOurHeritage, destinada a favorecer o coñecemento do Patrimonio Mundial que foi recoñecido pola propia Unesco.

Ademais, Maite Ferreiro destacou o feito de que este novo impulso á promoción da Muralla de Lugo chegue no ano no que a cidade celebra o vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

Neste momento, "todas as achegas recibidas de face á súa promoción son ben recibidas", dixo Ferreiro. 
 

Comentarios