jueves. 27.01.2022 |
El tiempo
jueves. 27.01.2022
El tiempo

Unha rama de cedro destrúe un banco no parque de Rosalía en Lugo

El cedro que se vino abajo
El cedro que se vino abajo
Caeu durante a noite e esa casualidade contribuíu a que non haxa que lamentar danos persoais por este suceso ►O Concello realizará unha inspección de todas as árbores do recinto

Unha rama de cedro, de considerables dimensións, precipitouse a pasada noite sobre un dos bancos do Parque de Rosalía de Castro, no centro da cidade de Lugo, e deixouno totalmente destruído.

Segundo informaron fontes do Concello de Lugo, a rama caeu durante a noite, polo que, aínda que non se puido precisar a hora, esa casualidade contribuíu a que non haxa que lamentar danos persoais por este suceso.

A zona xa foi acordoada e, neste momento, persoal do servizo de mantemento de Parques e Xardíns está a proceder a retirar a rama caída.

Así mesmo, segundo informou o goberno local, realizarase unha inspección rutineira de todas as árbores do parque para comprobar que non existe risco para os usuarios.

Dáse a circunstancia de que outra rama similar caeu no Parque de Rosalía de Castro no mes de agosto.

Unha rama de cedro destrúe un banco no parque de Rosalía en Lugo
comentarios