¿Aínda non coñeces a Coco, a cabra que se pasea polo centro de Lugo?

O seu dono asegura que é "moi graciosa"

O mundo das mascotas parece non coñecer límites. Cada vez se ven animais máis estraños que son conducidos polos seus donos polas cidades sen o máis mínimo complexo.

A cabra 'Coco', co seu dono. EPOs cans e os gatos parecen terse quedado anticuados como animal de compañía. Chegaron os coellos -que pasaron de cociñarse ao allo a converterse en obxecto de abrazos dos seus compañeiros de piso- para seguir cos huróns, as iguanas, os porcos vietnamitas ou incluso as ratas.

Pois ben, un novo exemplar abandonou a cuadra para incorporarse ao salón da casa. Por Lugo paséase Coco, unha cabra de pequeno tamaño, de orixe africana, á que o seu dono leva a todos os puntos da cidade. "É moi graciosa", asegura o home na Praza Maior, á beira da súa mascota.

Comentarios