Un rap para a alcaldesa

Un grupo de nenos dedicou unha canción a Lara Méndez en agradecemento á mellora dun parque infantil

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu este mércores á Rúa Aquilino Iglesias Alvariño para inaugurar a mellora do parque infantil e atopouse con que un grupo de nenos preparáralle un rap en agradecemento.

"Esta alcaldesa deu vida a este parque", cantaron, sen deixar de ser reivindicativos: "Que me poñan outra canastra e así meto a pelota". A composición terminaba cunha crítica ao machismo e unha referencia á rexedora "como exemplo de superación".

O Concello investiu case 52.000 euros na mellora integral deste parque infantil, segundo recordou o concelleiro de medio ambiente, Álvaro Santos, tamén presente no acto.

"Logo de retirar o mobiliario antigo, procedeuse a colocar os novos elementos, atendendo unha demanda cidadá xa comprometida dende hai meses polo goberno local”, explicou Méndez, que destacou que é un espazo moi usado, en parte pola proximidade a dependencias municipais. "Propicia unha verdadeira convivencia interxeracional", afirmou.

Comentarios