Un lucense pide que se revise a cirurxía ocular ante o Parlamento inglés

Alejandro López defenderá ante o Parlamento británico un maior control deste tipo de operacións
Alejandro López, futuro presidente de las víctimas de esta cirugía ocular
photo_camera Alejandro López, futuro presidente de las víctimas de esta cirugía ocular

Alejandro López, o mozo lucense que presidirá a Asociación Española de Afectados por Intervencións de Cirurxía Refractiva, defenderá este mércores, ante o Parlamento británico, un maior control deste tipo de operacións, nas que se utilizan distintos tipos de láser. A xornada parlamentaria de hoxe en Londres foi bautizada como ‘Bad eye day’ (‘Día do ollo malo’) e Alejandro López intervirá en representación das vítimas españolas destas intervencións.

O acto foi promovido pola activista británica Sasha Rodoy, dentro da campaña ‘My beatiful eyes‘ (‘Os meus preciosos ollos’) co fin de obter o apoio dos parlamentarios para presionar ao Goberno inglés para que faga unha revisión exhaustiva e estableza unha maior regulación da cirurxía refractiva ocular, aplicable en distintos tipos de defectos de visión.

A cirurxía refractiva ocular comprende unha serie de procedementos cirúrxicos nos que se buscar eliminar a necesidade de lentes ou lentes de contacto. Segundo a Asociación Española de Afectados por Intervencións de Cirurxías Refractivas, as taxas de secuelas irreversibles, nestas operacións, afectan a cerca do 30% dos intervidos.

A campaña ‘My beatiful eyes’ está apoiada polo deputado laborista John McDonnel. Á xornada deste mércores, na Cámara da Comúns británica, acudirán vítimas do Reino Unido, Irlanda, Portugal e España, que exporán a súa situación ante os deputados e a prensa.

Comentarios