Un xulgado rexeita que a folga de lixo en Lugo fose ilegal ou abusiva

Os sindicatos defenden que a sentenza acredita que non foron os traballadores os que impediron o cumprimento efectivo dos servizos mínimos

O Xulgado do Social número 3 de Lugo desestimou a demanda interposta pola empresa Urbaser, que pretendía que a folga no servizo de limpeza da cidade, que o pasado verán prolongouse durante 59 días, fose declarada "ilegal ou abusiva".


En declaracións a Efe, o secretario comarcal da CIG, Antonio Niño, recordou que a demanda interposta pola empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo ía dirixida contra o comité de folga, polo que unha sentenza en sentido contrario tería "unhas consecuencias moi importantes" para "futuras folgas".

Antonio Niño, quen recoñeceu que a folga no servizo de limpeza de Lugo foi un "conflito moi duro", insistiu en que foi a propia empresa concesionaria a que actuou de forma "ilegal", ao intentar conculcar o dereito de folga dos seus traballadores, "como quedou acreditado pola propia Inspección de Traballo".

Segundo o portavoz sindical, o Xulgado entendeu que, neste caso, "prevalece o dereito de folga" dos traballadores fronte á actitude dunha empresa que, "coa axuda de colaboradores externos", intentou acernar "ese dereito fundamental".

Por outra banda, considera que a sentenza tamén acredita que non foron os traballadores os que impediron "o cumprimento efectivo dos servizos mínimos" decretados no seu día polo Concello de Lugo.

Segundo o dirixente da CIG, a propia patronal tomou decisións, como "quitar os camións das instalacións da empresa e levalos para a Policía Local", que influíron na marcha da folga e no incumprimento dos servizos mínimos. 

Comentarios