Rescatan a un condutor atrapado no seu coche tras chocar contra unha árbore en Lugo

Ocorreu en Tirimol na  N-VI, en sentido Lugo ás 20.00 horas deste venres

Un vehículo saíu este venres da vía e chocou contra unha árbore. Ocorreu en Tirimol, na N-VI, en sentido Lugo ao redor das 20.00 horas.

Ata alí acudiron os bombeiros da cidade, que tiveron que rescatar á persoa que quedou atrapada no interior do vehículo.

Ademais, segundo indicaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, tras o golpe, o coche comezou a arder.

Finalmente, os bombeiros liberaron o condutor, que foi trasladado polo equipo do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia.