Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

O tute lucense busca novo campión

Jorge López e Eliseo Hermida, organizadores do torneo, pousan co cartel. J.VÁZQUEZ
Jorge López e Eliseo Hermida, organizadores do torneo, pousan co cartel. J.VÁZQUEZ

A terceira edición da Copa Intermunicipal de Tute será o 6 de outubro e contará, como cada ano, con innumerables sorpresas

A XA TRADICIONAL chaqueta verde do gañador da Copa Intermunicipal de Tute por parellas e equipos espera xa ao seu novo propietario. O Concello de Becerreá será o encargado de ceder a testemuña de campión o próximo seis de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, cando se celebre a terceira edición dun campionato que desde hai tres anos organiza o colectivo amante dos naipes Team 101-2.

«Como en cada edición, a organización resérvase unhas cantas sorpresas», asegura Jorge López, un dos responsables de que todo estea a punto o día do torneo. A cita arrincará ás 18.00 horas no Pazo de Feiras cun campionato por parellas que conta co patrocinio deste xornal. Os gañadores recibirán un galardón co logo do diario e unha cantidade en metálico.

Tras o primeiro torneo chegará a quenda dos petiscos, que correrán a cargo da parrillada Larapote para todos os participantes no campionato. Unha vez finalice a cea arrincará o prato forte da noite, o campionato por equipos intermunicipal (patrocinado por Caixa Rural Galega). Concellos de toda a provincia participarán cos seus mellores xogadores de cartas e pelexarán pola chaqueta verde que acreditará, durante un ano e ao estilo de competicións deportivas oficiais, aos gañadores do torneo. Uns gañadores que, como o Concello de Becerreá nesta ocasión, entregarán dita chaqueta o ano que vén a quen resulte vencedor da cuarta Copa Intermunicipal. Por certo, unha edición, a do 2019, que segundo os organizadores será moi especial. «O noso obxectivo é crear un torneo exclusivo para mulleres, porque somos conscientes de que hai moita afección feminina polo tute e que merecen un espazo só para elas», di Jorge López.

Entre as moitas sorpresas que aínda se gardan os organizadores, están o sorteo de varios xamóns entre todos os participantes, premios en metálico para os que queden en segunda, terceira e cuarta posición e todo tipo de artigos e agasallos.

INSCRICIóNS. A data límite para inscribirse neste xa tradicional torneo é o próximo día 3 de outubro. A participación é gratuíta e aberta para todas as idades. Os interesados poderán informarse nos teléfonos 669.88.04.04 e 616.09.21.02 ou na páxina tutepatanegra.com.

O tute lucense busca novo campión
Comentarios