Un coche case acaba metido nunha horta en Lugo tras despistarse o seu condutor

O turismo chocou primeiro contra un farol no barrio de Casás, atravesou o carril contrario, subiuse á beirarrúa e freou case dentro dunha leira
IMG_20220118_155236
photo_camera La Policía Local intervino en el accidente que se registró en Casás. A.C.

O accidente produciuse pasadas as tres e media da tarde deste martes na Rúa Orquídea da capital lucense, case enfronte ao instituto Leiras Pulpeiro. Debido a un descoido do condutor, o turismo saíuse pola marxe dereita e chocou contra un farol. Entón reincorporouse á vía, atravesou o carril contrario e acabou o seu errática marcha subido á a beirarrúa e case metido nunha horta.

Foi mobilizada unha ambulancia do 061, pero os sanitarios non tiveron que intervir finalmente porque non se rexistraron feridos.

Os axentes da Policía Local realizáronlle as preceptivas probas de alcol e drogas ao condutor, que deu negativo.