
Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron a pasada madrugada a un condutor con síntomas evidentes de embriaguez, que circulaba pola cidade a bordo dun coche con placas temporais de matrícula.
Sucedeu sobre as 02:12 horas, na Rúa Santo Graal, ao decatarse unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno de que o condutor dun vehículo presentaba síntomas de beber.
O equipo de Ateigados realizoulle o correspondente control de alcoholemia e deu unha taxa case tres veces superior á permitida pola lei, 0,71 miligramos de alcol por litro de aire expirado.
Ademais, comprobaron que o coche, que circulaba con strong <>placas temporais de matrícula, carecía de seguro obrigatorio, polo que foi retirado da vía pública e inmobilizado no depósito municipal.
O condutor foi imputado por un suposto delito contra a seguridade viaria pola modalidade de xuízo rápido.