Tres imputados na trama lucense da Pokemon néganse a declarar

Cecchini, un dos socios fundadores da empresa do guindastre, si respondeu brevemente á xuíza para desvincularse da xestión
Manuel Santiso, uno de los imputados llamados a declarar
photo_camera Manuel Santiso, uno de los imputados llamados a declarar

O recurso ao silencio como estratexia de defensa parece cada vez máis estendido entre os moitos imputados nos diferentes macrosumarios que instrúe o xulgado 1 de Lugo. Este mércores quen se negarou a responder as preguntas de Pilar de Lara foron tres da imputados clave na trama lucense da operación Pokemon. O cuarto si falou, pero só o necesario para desvincularse no posible dos delitos de falsidade en documento mercantil, delito contable, delito societario e administración desleal ou fraudulenta dos que se lles acusa.

Os catro cometerían eses delitos en relación coa empresa Cechalva, concesionaria do guindastre en Lugo. Estaban chamados a declarar os socios desta firma, o asturiano Jorge Pío Cecchini e os lucenses Manuel Santiso e Demetrio Arias, ademais do cuñado deste, Javier Reguera, de quen os investigadores sospeitan que era o auténtico socio e que usou a Arias como home de palla. Reguera podería actuar, á súa vez, como home de palla do exconcelleiro Francisco Fernández Liñares en varios negocios.

Liñares xa se negou a declarar o pasado luns, e Santiso, Reguera e Arias seguiron este pasado mércores o seu exemplo. As preguntas neste caso tiñan que ver coas irregularidades detectadas no funcionamento de Cechalva, desde facturas infladas ou directamente falsas a contabilidade en B, pagos en diñeiro negro ou evasión fiscal. Este funcionamento é o que denunciou outro dos fundadores de Cechalva, José Luis Álvarez, tamén imputado e que o martes si que respondeu por extenso a De Lara para ratificar todas as súas denuncias respecto diso.

Estas incluían o pago mensual de 2.000 euros a través da caixa B que se anotaban como pago ao alcalde, aínda que Álvarez recoñeceu que non estaba seguro de que José López Orozco fose realmente o receptor final dese diñeiro, e que era Javier Reguera o que ordenaba a anotación e llo levaba.

O único que si aceptou responder a algunha das preguntas da xuíza foi Jorge Pío Cecchini. Foi unha declaración de pouco máis de dez minutos e, segundo confirmaron os avogados de Orozco a Europa Press, limitouse a desvincularse totalmente da xestión diaria de Cechalva, a empresa que el creara xunto a José Luis Álvarez, e xa que logo de calquera irregularidade que se puidese detectar.

Máis imputados
E parecen haberse detectado moitas, segundo se reflicte nos informes sobre a documentación incautada. De feito, os cinco imputados que pasaron esta semana polo xulgado só son os primeiros dunha lista que inclúe polo menos a outros sete, que están citados para mediados deste mes.

Trátase dun asesor fiscal que levaba as contas de Cechalva e do empregado da empresa que se encargaba de validar as facturas, ademais de cinco empresarios autónomos que fixeron traballos ou forneceron mercancía á firma que supostamente adulterarían facturas. Estes últimos están citados por un delito de falsidade en documento mercantil.

Comentarios