O tren turístico do Lugo romano incluirá no outono visitas teatralizadas

Sairá da Coruña e mostrará muralla, Domus e balneartio ►Outras novidades son Ourense termal ou a ruta de mosteiros

Castro, Díaz Trisac y Fernández presentaron el programa. EP
photo_camera Castro, Díaz Trisac e Fernández presentaron o programa. EP

LUGO. O tren turístico ao Lugo romano incluirá este outono visitas teatralizadas, onde actores caracterizados como personaxes históricos farán unha serie de aparicións sorpresa ao longo do percorrido. O convoi seguirá chegando a Lugo desde A Coruña. A cidade, pola contra, non é estación de saída de ningunha ruta.

Os viaxeiros, á súa chegada a Lugo, coñecerán a muralla, o centro de interpretación do monumento, a Domus do Mitreo e o balneario. Como o resto, o prezo é de 40 euros para adultos, con descontos do 15 por cento para grupos de 10 ou máis persoas, e de 20 euros para os nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos.

O programa de trens turísitcos para esta tempada comprende a saída de 22 convois en Galicia

No novo programa -presentado onte pola directora de Turismo da Xunta, Nava Castro; o xerente da área comercial do operador ferroviario Renfe, Javier Díaz Trisac, e o presidente do Inorde, Rosendo Fernández- inclúense outras novidades.

Unha é a ruta dos mosteiros, con saída desde Santiago, que permite achegarse ata os xardíns do Pazo de Oca; ao mosteiro de Carboeiro, en Silleda; ao mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, ou ao templo de Veracruz do Carballiño, ambos na provincia de Ourense. Os participantes finalizan a xornada no balneario de Caldas de Partovia,

A ruta Ourense Termal e Versalles Galego é outra das novas incorporacións e inclúe tamén unha visita ao Pazo de Oca, a catedral de San Martiño, na cidade das Burgas, e as termal de Outariz,

Ademais, seguirá ofeciéndose a ruta dos faros, xa sen prazas dispoñibles ao conseguir un 100 por cen de ocupación, o tren das Rías Baixas e da Ribeira Sacra do Miño, outra das novidades deste ano. Tamén seguen en marcha a ruta do Viño Monterrei, a ruta dos Viños de Valdeorras e da Ribeira Sacra, a ruta do Viño da Ribeira Sacra do Sil e a ruta da Lamprea. Entre setembro e outubro haberá 22 saídas en total de trens turísticos.

Comentarios