Lugo: Un tren cara ao pasado

A provincia de Lugo volverá sufrir cambios nos servizos o 1 e 2 de xuño polas obras nunhas vías polas que non irán os convois máis modernos
                      Obras de Adif en la estación intermodal de Lugo.
photo_camera Obras de Adif en la estación intermodal de Lugo. CARLOS CASTRO

Mentres o resto de Galicia estrea os trens máis modernos, Adif segue a ritmo desigual coa que sen dúbida está a ser o maior investimento en infraestrutura ferroviaria na provincia de Lugo en moitas décadas. Centos de millóns para arrombar a vía ata Monforte e Ourense e electrificala, máis actuacións en varias estacións e a creación da intermodal de Lugo. E todo para que, ao final, Lugo siga condenada a ter uns servizos que noutras provincias son xa parte do pasado.

De momento, Renfe xa anunciou que, debido ás obras de Adif na intermodal da capital, os próximos días 1 e 2 de xuño haberá modificacións en catro dos servizos, como xa sucedeu os pasados 18 e 19 de maio. Trátase dos seguintes:

MD 12644: A Coruña (7.06h) - Ourense (10.46h). Transbordo por estrada entre Baamonde e Ourense.

MD 12641: Monforte (7.11h) - A Coruña (10.12h). Transbordo por estrada entre Monforte e Baamonde.

MD 12642: A Coruña (19.45h) - Monforte (22.56h). Transbordo por estrada entre Baamonde e Monforte.

MD 12646: Ourense (19.40h) - A Coruña (23.31h). Transbordo por estrada entre Ourense e Baamonde.

Aí segue estando a clave para a provincia: a estrada, que seguirá sendo a mellor opción para moverse durante bastante tempo. Quizais non ata Madrid, viaxe que está previsto que se poida realizar en algo máis de tres horas cando toda a vía estea electrificada, pero si cara ao resto dos destinos.

Moi improbable que Renfe use os Avril entre Lugo e Ourense

E nin sequera na viaxe ata Madrid, que seguirá pendente das frecuencias, poderase gozar da última tecnoloxía, os ansiados trens Avril que este martes entraron en servizo en Galicia. Renfe non descartou totalmente o seu uso entre Lugo e Ourense, pero case se pode dar por feito. O máis probable é que no trazado lucense utilícense os Avant ou os Alvia, que son os que ata agora se estaban usando para cubrir traxectos de velocidade alta desde Ourense a Madrid. Os xubilados noutros traxectos.