A travesura dun neno obriga á intervención dos bombeiros en Augas Férreas

O neno que causou a alarma non resultou ferido, pero si levou un bo susto

Un camión de bomberos de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)
photo_camera Un camión de bomberos de Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ (AEP)

Os bombeiros tiveron que intervir este sábado, ao redor das oito da tarde, porque saía fume dunha vivenda de Augas Férreas, na capital lucense. O motivo foi a travesura dun neno. O menor, que estaba a xogar, tirou un plástico encima da victrocerámica cando a cociña estaba acendida.

A combustión do plástico debido á calor provocou unha densa fumareda que se estendeu polas escaleiras do edificio, sito na Rúa Antón Rosón.

Non se produciron chamas polo que os bombeiros se limitaron a ventilar a vivenda. O neno que causou a alarma non resultou ferido, pero si levou un bo susto.