A transformación dos tres aparcadoiros soterrados arrincará de forma inminente

O coñecido 3x2 permitirá ampliar as dimensións das prazas, que se verán reducidas nas prazas de Santo Domingo, Ferrol e Constitución
Lara Méndez, en un párking. EP
photo_camera Lara Méndez, nun aparcadoiro. EP

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este mércores que a transformación dos estacionamentos públicos soterrados da cidade, o coñecido como 3x2, "dará comezo de forma inmediata e progresiva, empezando polo da Praza do Ferrol.". O obxectivo, indicou a rexedora, é adaptar o tamaño dos estacionamentos aos estándares urbanísticos actuais que recolle o PXOM, "atendendo así a unha demanda social na que desde o executivo local levamos anos traballando", asegurou.

Méndez explicou que a Xunta autorizou a modificación do contrato da concesión administrativa polo que se rexe a explotación dos aparcadoiros soterrados situados nas prazas de Santo Domingo, Ferrol e Constitución. "Un cambio que fará posible o incremento das dimensións das prazas de aparcadoiro en cada unha destas instalacións, acondicionándoas coa solución técnica máis adecuada para cada un dos recintos", engadiu.

"Con esta medida o que pretendemos é facer dúas prazas no espazo de tres, de maneira que mellore a accesibilidade ao estacionamento e, polo tanto, a comodidade de persoas usuarias. Será un gran paso, ademais, para facilitar as compras no centro histórico e na súa contorna e dinamizar o sector comercial e hostaleiro", afirmou a alcaldesa.

A rexedora recordou que a adxudicación é de 1986. "É dicir, ten unha antigüidade superior a dúas décadas nas que o parque móbil foi mudando e os vehículos utilitarios cambiando as súas dimensións", abundou, antes de recalcar que hai que adecuarse "á realidade actual".

MENOS PRAZAS. As prazas dos tres aparcadoiros ascenden agora a 690: 241 en Santo Domingo, 205 na Constitución e 244 na Praza de Ferrol. Coa reorganización, Interparking calcula que se perderán 171, un terzo das mesmas (61 en Santo Domingo, 42 na Constitución e 68 en Ferrol), o que levará "unha diminución do seu valor patrimonial".

Como isto suporá un descenso dos ingresos que percibe a adxudicataria, o Concello optou por introducir no contrato unha serie de medidas encamiñadas a restablecer o equilibrio económico financeiro da concesión. Entre elas, figura un ano adicional na concesión que, deste xeito, finalizará o 26 de maio de 2036, ademais da inclusión destes estacionamentos no circuíto informativo municipal Smart da cidade, para integrar a información relativa aos mesmos na aplicación no software dos paneis correspondentes.

"Isto permitiranos coñecer os datos da totalidade dos aparcadoiros municipais, así como do número de prazas libres e facilitará información sobre como chegar ata elas directamente, evitando o tráfico ocioso e diminuíndo os niveis de contaminación, en consonancia co noso modelo de mobilidade sostible", sostivo Méndez.

A rexedora explicou que, pola súa banda, empresa e Concello iniciarán os trámites e coordinaranse para proceder á instalación dunha sinalización dos estacionamentos,

Comentarios