Un transeúnte inmobiliza un home tras unha acalorada discusión

Altercado en Pío XII: un transeúnte inmobiliza un home tras unha acalorada discusión

Un transeúnte inmobilizou en plena rúa en Lugo a un cliente que mantivera unha acalorada discusión coa dona dun negocio ata que se acudiu a Policía Nacional. O altercado tivo lugar ás doce da mañá na céntrica Praza Pío XII de Lugo, entre a catedral e a muralla.

O transeúnte inmobilizou o protagonista da discusión contra a muralla, mentres outras persoas, entre eles varios turistas, contemplaban a escena.

A patrulla da Policía Nacional que interveu levou o cliente a Comisaría para aclarar o sucedido.