Traballos que queiman e moito

Os oficios que se desenvolven ao aire libre manteñen mesmas condicións e horarios durante xornadas que chegan aos 40 graos â?? Os traballadores piden introducir cambios na rutina laboral para evitar golpes de calor e outros riscos nas horas centrais de sol
undefined
photo_camera Un traballador realiza labores nun sumideiro. SABELA FREIRE

As xornadas de altas temperaturas que veñen sucedendo na cidade non evitan que os traballadores que desenvolven o seu oficio ao aire libre, expostos directamente radiación do sol e á calor intensa, modifiquen a súa rutina laboral a pesar de que as condicións da contorna si cambiaron, e moito.

A construción, as actividades turísticas, a hostalería ou os repartidores son os principais -que non os únicos- afectados a calor que trae consigo unha prolongada exposición ao sol, aínda que algúns o levan mellor que outros.

As recomendacións que esgrimen as autoridades de pouco serven cando un se desloma a corenta graos pondo unha beirarrúa ou limpando as rúas dunha cidade deserta ás 15.30 da tarde. Isto explica que as baixas laborais polos efectos da calor intensa duplicáronse en dez anos, segundo os datos do Ministerio de Traballo.

undefined
Unha camareira nunha terraza. SABELA FREIRE

Na provincia de Lugo, o número de días de xullo que foron máis cálidos con respecto á media histórica -rexistrada desde 1985- aumentaron nun 0,3% e as temperaturas máximas alcanzadas subiron, en case cinco décadas, máis de 14 graos. Iso si, tras unha semana onde se chegou aos 40 graos, a cidade volve hoxe a algarismos normais con máximas de 23 graos.

TURISMO. A guía turística, Mónica Díaz Jublin conta que ve a Lugo como unha cidade que ofrece moitas mellores condicións para facer fronte á calor que o centro doutras cidades, como A Coruña ou Santiago, nas que tamén desenvolve o labor de guía.

A presenza dun gran número de edificios lonxevos, realizados en pedra e con multitude de soportais nos que refuxiarse da calor convértena nunha cidade máis fácil para traballar ao exterior. Ademais, as zonas axardinadas como a de Praza Maior ou a traseira do Museo Provincial, con gran presenza de arboledo, posibilitan gozar de sombra que mellora as condicións en que traballa. Rúas estreitas nas que os edificios exercen de parasol, como Doutor Castro, ou as partes da visita que se centran no interior da Catedral, convértense para esta profesional do turismo nos seus grandes aliados. "Pensei que ía pasalo bastante peor", confesa.

CONSTRUCCIÓN. Na obra a cousa é ben distinta. Afonso Losada, obreiro e representante da CIG, explica que non existe entre o empresariado da construción unha cultura que permita aos obreiros adaptar a súa xornada laboral. Todos os compañeiros que coñece seguiron traballando durante os mesmos horarios e en idénticas condicións durante a semana de onda de calor. Os traballadores teñen, en definitiva, que aguantar temperaturas "endemoñadas" durante todo o día co perigo de sufrir golpes de calor.

Un repartidor transporta caixas nunha carretilla. SABELA FREIRE
Un repartidor transporta caixas nunha carretilla. SABELA FREIRE

Como na obra é moi complicado dispor dalgún aparello para suavizar a temperatura ambiental, ven resignados a botar man da visera e a hidratación continua. Este traballador invita a imaxinarse a un traballando a 40 graos e cunha máquina das que utilizan cerca. que provoca que a temperatura á que o obreiro está exposto suba dun 10 a un 15% .

Losada explica que soluciones hainas se existe vontade por parte do empresario de deixar a rixidez ao carón e ser flexible á hora de organizar as xornadas dos seus traballadores durante a época estival. Adiantar a xornada, por exemplo, e que así se traballe desde máis cedo, terminando a xornada antes de que cheguen as horas centrais de sol e calor, para poder así evitalas. Outra posibilidade sería a fragmentación da xornada. Se un traballa no primeiro tramo do día, cando as temperaturas son máis suaves, e volve aos seus labores ben entrada a tarde, durante as últimas horas de sol, estes traballadores, asegura, "non estarían condeados a traballar así, sen unhas condicions que lles deixen ser produtivos", comenta.

Aseo urbano. No servizo de limpeza municipal, traballar baixo condicións extremas de calor e frío veno como algo que forma parte do seu oficio. Miguel Pérez Núñez, delegado da CIG en Urbaser, explica que non se tomou nunca ningún tipo de medida para paliar os efectos da onda de calor. Tampouco a solicitaron porque, conta, non se chegou a expor entre o persoal.

"Estamos afeitos, vémolo como algo normal neste traballo", di. Os barrenderos de Lugo soportan a calor bebendo moita auga e facendo a limpeza da zona adaptándose aos lugares sombreados. Pérez expón, con todo, que durante os poucos días que dura a onda de calor deberían permitir desde o Concello que a limpeza se realizase nas horas do día que non son as centrais, é dicir, evitando traballar de doce a catro da tarde.