Un traballador perde tres dedos dunha man nun accidente laboral no Ceao

Quedoulle atrapada unha man na engrenaxe dunha máquina

Entrada del Hula. EP
photo_camera Entrada del Hula. EP

Un traballador perdeu tres dedos dunha man nun accidente laboral que se rexistrou nunha empresa do polígono industrial do Ceao, na capital lucense.

A vítima estaba a traballar nunha liña de produción cando quedou lle atrapada unha man na engrenaxe dunha máquina.

Este accidente laboral tivo lugar ao redor das sete da mañá do pasado martes nunha nave que se atopa na avenida Benigno Rivera.

O persoal sanitario dunha ambulancia do 061 asistiu ao ferido e trasladouno ao hospital Lucus Augusti (Hula), onde continuaba este mércores ingresado, tras ser intervido cirurxicamente. Está fóra de perigo.

Tres dotacións da Policía Nacional acudiron o pasado martes á nave do polígono do Ceao na que se produciu este contratempo.

Tamén se acudiron funcionarios da Inspección de Traballo, como é preceptivo, para comprobar se se cumpriron os protocolos de seguridade.