domingo. 23.02.2020 |
El tiempo
domingo. 23.02.2020
El tiempo

Towanda Rebels abre o novo ciclo de Faladoiros Feministas en Lugo

Faladoiros Feministas con Towanda Rebels. XESÚS PONTE
Faladoiros Feministas con Towanda Rebels. XESÚS PONTE

Towanda Rebels, a iniciativa de comunicación de Teresa Lozano e Zua Méndez, abriu este venres no Vello Cárcere de Lugo o ciclo de Faladoiros Feministas, que promoven a Deputación e o foro Maruxa Mallo. Lozano e Méndez estableceron un coloquio cos participantes no encontro —na foto—, no que expuxeron a súa forma de entender e sentir este movemento.

Asistentes aos Faladoiros Feministas con Towanda Rebels. XESÚS PoncheOs faladoiros continuarán ata o mes de maio coa celebración de outras catro citas, nas que intervirán Ana Iglesias, o 28 de febreiro; Marta Busquets, o 13 de marzo; Carmen Castro, o 24 de abril, e Mabel Lozano, o 22 de maio. A entrada é libre e gratuíta ata completar a sala.

A iniciativa ten o obxectivo de "conectar o feminismo coa cidadanía", propoñendo alternativas para situacións derivadas da estrutura social patriarcal, empoderar as mulleres e loitar contra as violencias machistas.

Towanda Rebels abre o novo ciclo de Faladoiros Feministas en Lugo
Comentarios