martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Touriñán fai causa pola igualdade no instituto Politécnico de Lugo

Xosé Antonio Touriñán. MARCOS MARTÍNEZ
Xosé Antonio Touriñán. MARCOS MARTÍNEZ
Comparte escenario con varios alumnos este xoves nun festival

Xosé Antonio Touriñán exerce este xoves como mestre de cerimonias dunha gala pola igualdade que organiza o instituto Politécnico de Lugo e no que haberá desde rap con Jonatan Cortiñas a un concurso de curtos e outro de sloganes cos que se trata de romper barreiras de xénero.

O festival, a partir das 12.30 horas no salón de actos do centro, serve para pechar as actividades trimestrais do programa de igualdade do centro, levado a cabo grazas a un programa da Consellería de Educación.

Touriñán, que fará un monólogo sobre igualdade, compartirá escenario con varios alumnos, incluída Ana López Gallego, campioa de tiro olímpico, que contará como é triunfar nun deporte moi masculinizado.

Ao escenario subirase tamén o único alumno do grupo de 23 estudantes que se forman no ciclo de Educación Infantil e a única alumna matriculada en Automatización e Robótica Industrial. Ambos romperon estereotipos educativos, xa que a fenda de xénero segue sendo moi forte nos estudos de FP, cunhas titulacións fortemente masculinizadas e outras nas que elas son maioría.

O festival aproveitarase tamén para presentar un decálogo pola igualdade, explicou Mónica Ramos Pérez, que integra a comisión de igualdade do centro xunto a Isabel Sanz, Isabel García, Anxos Garabana e o alumno René Arias.

O festival deste xoves diríxese, en principio, a alumnos do centro, pero ábrese a interesados se hai capacidade.

Touriñán fai causa pola igualdade no instituto Politécnico de Lugo
comentarios