Tomé: "O AVE chegará a Lugo cando dixo o presidente do Goberno"

“Non me cabe ningunha dúbida”, afirmou a preguntas dos xornalistas antes de entrar no pleno ordinario da Deputación de Lugo
José Tomé, con el bastón de mando de la Diputación. PEPE TEJERO
photo_camera José Tomei, co bastón de mando da Deputación. PEPE TEJERO

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, aseguro hoxe que “o AVE chegará” á capital da provincia “cando dixo o presidente do Goberno”, Pedro Sánchez, concretamente no ano 2021.

“Non me cabe ningunha dúbida”, afirmou Tomé a preguntas dos xornalistas antes de entrar no pleno ordinario da Deputación de Lugo, que se celebrou esta mañá na Praza de San Marcos, sede da institución provincial.

Lamentou, con todo, a postura da Xunta de Galicia, porque “está aínda sen facer o que prometeu aquí o señor Feijóo hai dez anos”, dado que dixo que “se Zapatero non traía o AVE a Lugo, el faríao con cargo ao orzamento” da administración autonómica.

“Aínda non vin ese AVE”, dixo Tomé, quen en todo caso mostrouse convencido de que “o outro se vai chegar a Lugo”. 

Comentarios