Todas as granxas provedoras de Lence logran o certificado de benestar

As 435 produtoras obtiveron a certificación Welfair de Benestar Animal
Una de las plantas. LENCE
photo_camera Unha das plantas. LENCE

O 100% das ganderías provedoras do grupo Lence obtivo a certificación Welfair de Benestar Animal (BA), unha acreditación emitida por strong <>Aenor que garante o cumprimento deste protocolo nas 435 granxas produtoras de leite, situadas nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, que serven materia prima a esta industria láctea.

Para alcanzar esta certificación, os encargados de emitila avalían unha ducia de parámetros baixo catro eixos fundamentais: boa alimentación; bo aloxamento (facilidade de movemento e confort na zona de descanso), boa saúde (inclúe ausencia de dor producida polo manexo, lesións e enfermidades) e o comportamento apropiado (boa relación humano-animal e estado emocional positivo).

Unha vez avaliados eses principios, todas as ganderías provedoras do Grupo Lence obtiveron unha valoración final "boa".

O proceso de certificación se realizou durante dez meses, polo que o grupo Lence destaca o "importante esforzo por parte do equipo de campo da compañía e das 435 ganderías provedoras".

"Todas elas mostraron un forte compromiso coa mellora das condicións de vida dos animais nas explotacións, de maneira que o consumidor pode optar por un produto que dá resposta ás sensibilidades e valores", precisa a empresa.

O grupo Lence conta con tres plantas de produción e ten nestes momentos un persoal de 165 persoas en Galicia, sendo a terceira empresa láctea por volume de recollida de leite na comunidade. 

Comentarios