As Termas abrirá o luns cun aforamento limitado nos seus locais ao 40 por cento

O centro comercial lucense aplicará un estrito protocolo de desinfección de todas as instalacións
Un coche de la Policía Nacional, en As Termas. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera As Termas. VITORIA RODRÍGUEZ

O Centro Comercial As Termas abrirá de novo as súas portas o vindeiro luns, 25 de maio, tras permanecer pechados a maior parte dos seus locais comerciais desde o pasado mes de marzo debido ao estado de alarma. Únicamente permaneceron abertos durante este período o hipermercado Eroski, a gasolineira e a tenda de animais Kiwoko, por tratarse de establecementos que ofrecen bens de primeira necesidade.

Para garantir a seguridade de clientes, persoal e provedores, o centro anunciou onte que levarán a cabo unha serie de medidas de protección. Así, limitarase o aforamento dos locais nun 40 por cento e un 30 por cento o das súas zonas comúns. Tamén, porase en marcha unha estrita política de desinfección e limpeza periódica das instalacións.

Ademais, instalaranse dispensadores de xel hidroalcohólico en toda a superficie comercial, dispoñibles para todos os usuarios, e estableceranse medidas para asegurar o distanciamento social. Instalaranse lámpadas de esterilización ultravioleta para a higienización de superficies de contacto como os pasamanos das escaleiras mecánicas e o ascensor panorámico.

Tamén se reforzarán as tarefas de limpeza e desinfección mediante nebulización, seguridade e mantemento.

HORARIO DE APERTURA. O horario de apertura das Termas será de 10.00 a 22.00 horas. Os clientes atoparán nos accesos ao centro comercial e no punto de atención á público información sobre as normas hixiénico-sanitarias e protocolos a seguir nas instalacións.

Comentarios