O establecemento de roupa masculina L'uomo reabriu este luns na rúa San Marcos mantendo a súa oferta dirixida a clientes cun nivel adquisitivo medio-alto, segundo indicou o seu novo propietario, Diego Rodríguez. En canto á oferta segue mantendo as mesmas marcas e a mesma política comercial.
"Se asumín este proxecto comercial que hoxe reabre é porque teño a garantía de que segue José, o mesmo dependente que leva 18 anos atendendo o comercio", explicaba Rodríguez nunha entrevista publicada este luns por El Progreso.