O tempo seco volve a Galicia este xoves pola entrada dun anticiclón

A inestabilidade atmosférica seguirá presente durante a primeira metade desta semana, con temperaturas baixas para a época
Lucenses disfrutando del buen tiempo a orillas del Miño. SEBAS SENANDE
photo_camera Lucenses disfrutando del buen tiempo a orillas del Miño. SEBAS SENANDE

Tras dez días de inestabilidade atmosférica este xoves a situación comezará a estabilizarse e volverá o tempo a Galicia. Así o prognostica Meteogalicia que sinala que a inestabilidade seguirá presente durante a primeira metade desta semana para dar paso á entrada dun anticiclón

"Ata ou mércores seguirá habendo choivas e as temperaturas seguirán sendo baixas para a época do do ano", explica o experto de Meteogalicia Juan Taboada. Os mercurios non superarán así os 16 graos en puntos como Lugo ou en Santiago.

Taboada sinala que o mércores será unha xornada de transición na que as altas presións iranse aproximando lentamente a Galicia. "Tras a fronte quedamos aínda con chuvascos, que se irán retirando cara ao norte co avance da tarde e remitindo pola noite", recalca.

A partir do xoves, prevese un cambio nas condicións meteorolóxicas e un aumento paulatino e contido das temperaturas. "Haberá un cambio de tempo con respecto o que tivemos ata o de agora debido á entrada dun anticiclón que traerá tempo seco e un ascenso dos mercurios en toda a comunidade", engade o meteorólogo, quen avanza que "non haberá un cambio moi notable respecto ás temperaturas pero si poderemos dicir adeus as choivas que nos acompañaron durante dez días", indica.

O experto precisa que o episodio de choivas e baixas temperaturas vivido na comunidade ata este luns non é habitual para a época do ano. "No mes de maio soe haber días chuviosos, pero dispersos, non tan seguidos. O episodio de inestabilidade que tivemos ata o de agora durante 10 días seguidos foi algo pouco habitual que se debeu a unha borrasca que quedou illada ao norte da Península e xerou inestabilidade e temperaturas baixas para a época do ano", di Taboada.

Deste xeito, a partir do xoves, o tempo comezará a estabilizarse na maior parte de Galicia, con ceos que irán despexándose progresivamente. "Teremos tempo seco e anticiclónico polo menos ata ou vindeiro domingo", conclúe o meteorólogo.

Comentarios