Tellado, confiado en que o PP "acerte para reilusionar" a Lugo

O partido reunirá a próxima semana en Santiago ao Comité das Cidades para analizar o traballo realizado onde os populares son oposición
Miguel Tellado
photo_camera Miguel Tellado

O secretario xeral do PP galego, Miguel Tellado, anunciou que o venres da próxima semana celebrarase en Santiago unha reunión do Comité das Cidades para analizar o traballo realizado que, onde o partido é oposición -en seis de sete cidades-, é "sereno e construtivo na medida que os gobernos locais o permiten".


Tras a elección a elección do novo comité executivo na Coruña, encabezado pola conselleira Beatriz Mato, Tellado destacou que o proceso de renovación continuará en Lugo, onde mostrou a súa confianza en que o partido "acerte para reilusionar á cidade".

Unha cidade, dixo, que está gobernada por unha alcaldesa que "non foi votada polos seus veciños" e cuxo "único mérito" foi "traizoar aos seus mentores".



Comentarios