Talla 65 árbores nunha leira que non era súa e múltano con 1.860 euros

O suxeito debe pagar multas polas árbores e por un delito de ameazas
Un castiñeiro. AEP
photo_camera Un castiñeiro. AEP

Tallar árbores nunha leira que non era súa e ameazar a un veciño que llo recriminou custoulle a un lucense unha multa de 1.860 euros. O fallo xudicial do Penal número 2 de Lugo explica que o 1 de xullo de 2018, sobre as dez e media da mañá, o acusado acudiu a unha leira que non era da súa propiedade e tallou 65 árbores, entre os que había carballos e castiñeiros. Ademais, causou danos noutros 14 árbores, ocasionando un prexuízo total para o propietario da leira taxado en 2.530 euros.

Mentres tallaba as árbores, un veciño da zona chamoulle a atención porque a leira non era súa e o acusado contestoulle de forma ameazadora e díxolle que lle ía "a cortar o pescozo".

O Penal 2 condenou ao home como autor dun delito de danos, polo que lle impuxo unha multa de 1.620 euros, e outro delito de ameazas, polo que condenou a pagar 240 euros. O xuíz impúxolle tamén ao acusado a obrigación de indemnizar ao propietario da leira polas árbores talladas e polos danos que provocou.