Sufocan un incendio nunha parrillada da rúa Nicomedes Pastor Díaz

É a segunda intervención dos bombeiros neste establecemento nas últimas 48 horas

Tres camións de bombeiros interviñeron este sábado para sufocar un incendio que se produciu nunha parrillada que se atopa na Rúa Nicomedes Pastor Díaz de Lugo.

A Policía Local cortou a rúa mentres levaron a cabo os labores de extinción.

O lume produciuse no tirador da cheminea. É a segunda vez que acoden os bombeiros a este establecemento nas últimas 48 horas.

Os veciños dunha das casas foron desaloxados polo fume acumulado.