A subida de luz pon en aprietos a 8.000 lucenses con terapia respiratoria en casa

O gasto de electricidade pode ser superior aos 70 euros mensuais para os que teñen prescrito osíxeno 24 horas â?? Os 73 enfermos renais que se dializan en casa, o que lles custa de 22 a 34 euros ao mes, tamén temen a factura
undefined
photo_camera Un paciente peregrina co súa máquina de oxíxeno portátil. AEP

Máis de 8.000 lucenses teñen prescrita algún tipo de terapia respiratoria domiciliaria. A máis común é a CPAP para a apnea do soño -5.793 persoas usan ese dispositivo cada noite- ou a oxigenoterapia -que reciben 1.807- aínda que hai outros tratamentos e pacientes que deben combinar varios no seu día a día.

En todos os casos o Sergas entrégalles o dispositivo, pero son eles os que deben facerse cargo do gasto eléctrico que xera. Cada vez máis, estes enfermos manifestan a súa inquietude pola subida da luz e por como afrontar un consumo no que non poden aplicar medida algunha de aforro. Non hai forma de reducir o consumo dunha terapia que se necesita para vivir.

A pesar do cal e, aínda que poucos, algúns chegan a facelo. "Si que percibimos preocupación entre os pacientes e unha tendencia a menor adherencia ao tratamento", admite o xefe de Pneumoloxía do Hula, Luís Pérez de Chairo, que recoñece que existen casos moi puntuais de redución do tempo do tratamento coa intención de aforrar en pacientes con oxigenoterapia. Trátase de casos que desenchufan as súas máquinas un par de horas antes de cumprir coas 15 horas que teñen prescritas, por exemplo.

Os concentradores de osíxeno son, precisamente, os que consomen máis electricidade. Segundo Nicole Hass, portavoz da Asociación de Pacientes con Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (Apepoc) un paciente que deba facer uso del as 24 horas enfróntase a un consumo de entre 5 e 6 quilowatts ao día . Ao prezo medio do quilowatt hoxe supón pagar máis de 70 euros ao mes só por utilizar ese equipo.

undefined
Isidoro Rivera, médico e paciente de Epoc. EP

Isidoro Rivera é, ademais de médico de Familia, un dos facultativos xubilados aos que o Sergas recorreu para facer seguimento a distancia de pacientes con covid, enfermo de Epoc desde fai máis de 20 anos e portavoz en Galicia de Apepoc. "Hai xente que se ve en verdadeiros problemas para pagar a factura eléctrica e non é algo que poida elixir porque depende do osíxeno para vivir", explica.

Non é o seu caso. Non precisa oxigenoterapia aínda que si ten apnea e debe recorrer a unha CPAP cada noite. A posibilidade de que haxa pacientes de Epoc limitando o gasto en osíxeno ou con apnea prescindindo de colocarse a máscara cada noite atérralle. Recorda que reducir o uso pode ter consecuencias gravísimas.

Galicia non é unha das comunidades que ofrecen axudas directas a pacientes con dificultades para pagar a luz. "Si temos o bono social, pero hai persoas que non son candidatas a recibilo e que precisarían unha axuda", di.

"é unha barbaridade o mal que o están pasando moitos pacientes, xente para a que a electricidade leva anos sendo un gasto excesivo e que cada vez o vai a ser máis", asegura Hass.

ENFERMIDADE RENAL. Aínda que maioría, os pacientes que reciben terapia respiratoria non son os únicos enfermos crónicos que deben correr co gasto de electricidade de equipos médicos que necesitan para vivir. Tamén lles ocorre aos enfermos renais que non se dializan no hospital e elixen a hemodiálisis domiciliaria ou a diálese peritoneal.

A primeira esixe o uso de electricidade unhas horas, dependendo do paciente. A segunda, supón ter o aparello acendido toda a noite. En Lugo son 73 os pacientes que actualmente se dializan nas súas vivendas: 53 con peritoneal e 20 con hemodiálisis domiciliaria.

undefined
María José Otero, presidenta de Alcer. EP

Segundo María José Oterou, presidenta da Asociación Lucense de Enfermos Renais (Alcer), calquera dos dous aparellos que deben usar eses pacientes consomen unha media de 10 a 15 quilowatts semanais, o que implica un gasto de 20 a 34 mensuais. "Os pacientes están preocupados pola factura e cada vez máis, como é lóxico. Hai que ter en conta que algúns teñen, ademais de diálese, tratamento de oxigenoterapia, por exemplo, o que multiplica o gasto", asegura Otero.

A diferenza da terapia respiratoria, que se require moitas horas a diario e que necesariamente debe recibirse en casa, os enfermos renais seleccionan o tipo de diálese que máis lles convén, xa que a maioría acode ao hospital a ou ás clínicas especializadas. "Téñense en conta moitas cousas á hora de tomar esa decisión, tamén o consumo de electricidade", recoñece a presidenta de Alcer, asociación que tamén traballa para conseguir axudas específicas para afrontar o gasto de luz.

Comentarios