A subdelegada destaca que o tren en Lugo recibiu este mes 196 millóns

"Penso que o ano non podía acabar con mellores noticias non que se refire ás infraestruturas ferroviarias", afirma Isabel Rodríguez
Isabel Rodríguez. EP
photo_camera Isabel Rodríguez. EP

A subdelegada do Goberno Isabel Rodríguez destacou este mércores que o Goberno aposta pola provincia de Lugo e cumpre o seu compromiso cos lucenses cos investimentos aprobados este mes para a modernización do ferrocarril.

"Penso que o ano non podía acabar con mellores noticias non que se refire ás infraestruturas ferroviarias; os lucenses temos motivos para felicitarnos polos avances dados polo Ministerio de Transportes neste mes, no que o Consello de Ministros aprobou investimentos por case 196 millóns de euros para a liña Monforte-Lugo", manifestou a subdelegada.

CATRO ACTUACIóNS. Isabel Rodríguez recordou que con ese montante orzamentario, Adif, o ente de infraestruturas ferroviarias, acometerá catro actuacións que son decisivas. Así, explicou que por unha banda o Consello de Ministros autorizou a electrificación da liña do tramo ferroviario entre Monforte e Lugo, cun valor estimado de 21.230.252 e un prazo de 18 meses.

Tamén destacou a contratación da mellora das instalacións de sinalización e telecomunicacións, autorizada a semana pasada, cun valor estimado de 43.414.016 euros. Estes traballos afectarán aos 71 quilómetros do tramo Monforte-Lugo e permitirán incrementar a dispoñibilidade da liña e mellorar a súa fiabilidade.

Así mesmo, aludiu aos dous proxectos de renovación da vía entre Monforte e Lugo e o de construción do novo túnel de Oural, autorizados no Consello de Ministros do 9 de decembro cun valor total estimado de 131.274.140 millóns de euros.