Sorprenden en Lugo a dous condutores que circulaban sen haberse sacado o carné

Ambos os condutores enfróntanse por un delito contra a seguridade viaria a unha pena de tres a seis meses de prisión, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.
Vista panorámica de la remodelada Praza da Milagrosa. XESÚS PONTE
photo_camera Na Praza da Milagrosa foi onde 'cazaron' a un dos infractores. XESÚS PONTE

A Policía Local sorprendeu en Lugo a dous condutores que ían ao volante dun vehículo sen sacar nunca o carné. Os axentes tamén investigan  como cooperadoras necesarias ás esposas dos infractores, que lles acompañaban.

Ambos os condutores enfróntanse por un delito contra a seguridade viaria a unha pena de tres a seis meses de prisión, multa de 12 a 24 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

Un dos infractores foi sorprendido na tarde do luns cando circulaba sen autorización por unha rúa peonil na Praza da Milagrosa.

O outro foi interceptado tras saltarse un semáforo en vermello no cruzamento das rúas Alfredo Brañas e Lamas de Prado. Neste caso ademais o vehículo carecía de seguro obrigatorio.