Xordos, pero non diferentes

O colectivo lucense celebrou este sábado o seu día internacional cunha marcha pola muralla e un acto na Praza Maior, no que reivindicaron o acceso á educación "en igualdade de condicións"
Asistentes al acto del Día Internacional de las Personas Sordas, que se celebró en la Praza Maior de Lugo. SEBAS SENANDE
photo_camera Asistentes ao acto do Día Internacional das Persoas Sordas, que se celebrou na Praza Maior de Lugo. SEBAS SENANDE

A COMONIDAD xorda de Lugo celebrou este sábado o seu día internacional reclamando melloras educativas. Con motivo do Día Internacional das Persoas Xordas, numerosos lucenses reuníronse este sábado na Praza Maior para celebrar a data e facer visibles as necesidades do colectivo. Nesta ocasión, o foco púxose no ámbito da educación baixo a lema: "Inclusión real para o alumnado xordo".

O colectivo organizou unha concentración que comezou cunha camiñada pola muralla e continuou co acto institucional, encabezado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e no que participaron tamén outros representantes do Concello, o goberno autonómico e a Deputación Provincial. O evento centrouse na lectura dun manifesto, no que o colectivo destacou a importancia de acceder a unha formación adaptada ás súas necesidades en todos os niveis educativos, "xa que é a porta de entrada á formación sociolaboral", apuntaron. As demandas céntranse en conseguir que o modelo para os alumnos xordos sexa bilingüe en lingua de signos e lingua oral, "e isto pasa por incorporar máis medios técnicos e humanos en centros educativos", sinalaron.

Desde o colectivo de persoas xordas de Lugo advirten que "cada hora na que unha alumna ou alumno xordo non pode acceder en igualdade de condicións á contidos da aula, é unha hora perdida que vai lastrando a súa formación, minguando a súa motivación e limitando o seu futuro", sinalan. O evento estivo moi concorrido.