Diego, un lucense en 'First Dates': "Se me puidese clonar, estaría casado comigo"

O estudante, de 25 anos, presumiu durante a súa cita dos seus talentos sexuais e o tamaño dun dos seus órganos: "É cousa de familia"
Diego, presumiendo de lengua en First Dates. CUATRO
photo_camera Diego, presumiendo de lengua en 'First Dates'. CUATRO

A aparición de Diego, un lucense de 25 anos en First Dates, deixou máis dun titular. O estudante non dubidou en presumir dos seus talentos sexuais e en mostrarse encantado de coñecerse. Coa autoestima polas nubes, autoproclamouse como "moi fan de min mesmo". "Non diría que son un partidazo, diría que son o noivo perfecto", asegurou antes as cámaras, antes de confesarlle ao presentador,  Carlos Sobera, que busca unha muller que se pareza a el e que ata o momento non tivo moito éxito. De feito, asegurou que só tivera unha relación longa que non saíu ben.

Diego admitiu que lle encanta mirarse ao espello e que o seu egocentrismo é tal que os seus amigos alcúmanlle 'Ego'.

Durante a súa cea con Yodi os dous mostráronse cómodos e non dubidaron en falar claramente das súas preferencias na cama e a frecuencia coas que lles gusta manter relacións sexuais. "Mínimo logo de cada comida", dixo Diego, ao que ela respondeu que prefire facelo antes de comer, "para facer unha boa dixestión". 

A moza preguntou ao lucense polos seus talentos sexuais e el, sen pensarllo dúas veces, respondeu: "Digamos que teño unha boa lingua", dixo, mostrándoa orgulloso. "¡É enorme!", exclamou sorprendida Yodi, ao que el replicou, con satisfacción: "Vén de familia".

Comentarios